A xustiza dá a razón á Deputación na demanda de Sanxenxo por unha subvención
Por Oskar Viéitez
O xulgado do contencioso administrativo número 2 de Pontevedra deu a razón á Deputación fronte á demanda interposta polo Concello de Sanxenxo ante a negativa dunha subvención nunha convocatoria provincial para as obras do centro sociocultural de Vilalonga.
Como xa sucedeu co Concello de Vilanova de Arousa, tamén gobernado polo Partido Popular, o executivo sanxenxino solicitaba ao xuíz a anulación desta decisión e a revisión da solicitude de axuda pero, de novo, o xulgado rexeita esta petición e dá a razón ao goberno presidido por Carmela Silva.
Fronte ao argumentado polo Concello de Sanxenxo, o xuíz entende que as bases da convocatoria non son contrarias a dereito.
Na sentenza recóllese que as bases establecían que non podían concorrer a estas axudas concellos que xa tivesen en marcha ou executadas actuacións por encima de 600.000 euros, e no caso de Sanxenxo xa se executou o convenio para reforma a rúa Luís Rocafort.
O Concello entendía que esta cantidade referíase só á achega municipal, que era inferior, pero o xulgado confirma que se refería ao conxunto da obra. A interpretación das bases, feita pola administración provincial, é "máis lóxica" que a do Concello, conclúe a sentenza.
Relacionadas:
-
Sanxenxo destina 210.000 euros á mellora de seis camiños en Vilalonga e Noalla
Por Redacción |
-
O goberno provincial non debate co PP para "evitar o xogo de calumnias, mentiras e falsidades"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pedirá unha comisión que investigue os motivos das demandas xudiciais dos concellos contra a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva, en Arousa: "Só con Plan Concellos fixemos 300 obras, cantas fixo a Xunta de Galicia?"
Por Oskar Viéitez |