Cuntis e Moraña volven ter pediatra dous meses despois
Por Redacción
As familias con nenos de Cuntis e Moraña xa non terán que desprazarse ata o veciño municipio de Caldas de Reis para ir á consulta de Pediatría. A partir deste martes, recuperarán o profesional que compartían ata o pasado mes de outubro e que levan reclamando activamente os últimos máis de dous meses.
A xerencia das áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés anuncia que un profesional se fará cargo da atención infantil ordinaria dos dous centros de saúde, de modo que se recupera a situación previa á existente antes de que o pasado mes de outubro a pediatra que prestaba o servizo nos dous municipios optara ao concurso aberto e permanente de traslados e obtivera unha nova praza.
Unha vez que se coñeceu a marcha da pediatra anterior, veciños dos dous municipios iniciaron unha serie de medidas de protesta e presión que tamén contaron coa implicación do goberno local de Cuntis para recuperar o servizo, que pasou a prestarse para toda a comarca desde o centro de saúde de Caldas.
O Servizo Galego de Saúde insiste en que non puido repoñer o servizo ata esta semana porque en Pediatría "hai paro cero", de xeito que non se dispón de pediatras nas listas de contratación, ao igual que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas.
Segundo aseguran, esta "indispoñibilidade de pediatras" para incorporar ao sistema foi a que dificultou a cobertura da praza de pediatría que leva vacante dous meses nestes concellos da comarca de Umia.
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis pide explicacións ao CHOP pola pérdida do servizo de pediatría por vacacións
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen que se restableza o servizo pediátrico suprimido en Carballedo e en Cerdedo
Por Oskar Viéitez |
-
Satisfacción en Cuntis e Moraña pola recuperación do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Unha manifestación reclama en Cuntis o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas ve "prioritario" dotar de pediatra a Cuntis e Moraña pero recoñece que "non é fácil"
Por Redacción |
-
Cuntis endurece a presión contra o Sergas despois de 40 días sen pediatra
Por Redacción |
-
Concentración en Cuntis pola falta do servizo de Pediatría
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña cre que se debe ser "comprensivo" unhas semanas co Sergas pola falla de pediatras
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis convoca concentracións para reclamar a reposición do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |