AJE Pontevedra atende unha media de tres consultas diarias para crear empresas
Por Oskar Viéitez
Os presidentes de AJE Galicia, José Manuel Valenzuela e AJE Pontevedra, Lucía Pedroso, acudiron este mércores ao Concello de Pontevedra, onde mantiveron unha entrevista co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, na que lle informaron do gran volume de traballo que rexistra a asociación pontevedresa, cunha media de "entre dos y tres consultas diarias de emprendedores interesados en montar una empresa".
Este encontro protocolario serviu para poñer sobre a mesa diversos asuntos de actualidade como é o Anteproyecto de Lei de Emprendedores que impulsa o goberno de Mariano Rajoy.
Valenzuela valorou que "todo lo que sea aportar y dar un paso adelante es favorable" e destacou algunhas medidas do texto legal que "van a ser capaces de crear un entorno favorable para que las personas puedan emprender", especialmente no que se refire ás facilidades na creación de empresas.
Entre os aspectos positivos recoñeceu tamén como unha mellora que non se pague o IVE das facturas non cobradas. Con todo, para o presidente dos mozos emprendedores galegos, o novo proxecto non recolle algunhas das reivindicacións clásicas dos autónomos e das asociacións de pymes. En concreto, "se puede mejorar" dixo, o financiamento "es un tema importante y que está pendiente porque la ley no lo contempla mucho", debido a que se recorre a mecanismos que xa existen.
O máis importante é "ser consciente" do que é emprender "sen dejar nada a la suerte", polo que subliñou a necesidade de elaborar un plan de viabilidade para as empresas.
"Desde AJE queremos buscar una fórmula para abrir una línea directa con el Concello para agilizar los trámites"
Por outra banda, José Manuel Valenzuela, aproveitando a presenza do alcalde de Pontevedra, recordou que entre os temas pendentes a tratar entre ambas institucións atópanse a lenta tramitación de licenzas de apertura de novos negocios "desde AJE queremos buscar una fórmula para abrir una línea directa con el Concello para agilizar los trámites", ao que Miguel Anxo Fernández Lores comentou que "non sei de ningunha empresa que tivera ningún problema neste sentido".
O rexedor capitalino sinalou o problema de tramitacións cruzadas entre diferentes administracións e a "irracionalidade" dalgunhas competencias por exemplo que un concello poida autorizar a construción dun edificio de 200 vivendas "pero non un aseo de minusválidos nun bar".