Unha app para pór en valor o galego no comercio
Por Redacción
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Celia Armas, directora de Abertos ao galego; e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, reuníronse este luns na Deputación de Pontevedra para pechar o lanzamento dunha aplicación móbil para pór en valor a presenza da lingua galega nos establecementos comerciais e de servizos.
Dita aplicación será gratuíta e está dispoñible para terminais móbiles Android e IOS nas principais plataformas dixitais.
PONTEGAL 2019
Por outra banda a Deputación tamén informou que ata o 18 de xaneiro de 2019 permanecerá aberto o prazo para que os grupos e artistas poidan solicitar a súa inclusión no Pontegal 2019.
As bases de dito programa saen publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e, nesta nova edición, a principal novidade é que as solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación.
A través do programa Pontegal, a Deputación de Pontevedra vén colaborando cos concellos e coas asociacións sen ánimo de lucro para que contraten actuacións de grupos e artistas inscritos en dito programa.