Virginia Pozo, fundadora da marca de roupa Coosy, próxima invitada do "Pincho de Inverno" de AJE
Por Oskar Viéitez
Virginia Pozo, fundadora da marca de roupa Coosy, será a invitada do "Pincho de Invierno" da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra.
Pablo Fernández e Jesús Rey, presidente e vicepresidente de AJE, repasaron a traxectoria desta empresaria que no seu día foi recoñecida co premio Amigos de Pontevedra.
O evento, que estará presidido polo propio Pablo Fernández, terá lugar o xoves 3 de xaneiro ás 19:30 horas nas oficinas de AJE na rúa Ferreiros.
Tanto Fernández como Rey destacaron o carácter emprendedor e o afán de superación de Virginia, cuxa marca continúa expandíndose e que ten presenza en tendas de todo o mundo. Tras o relatorio, os asistentes poderán gozar dun cóctel, ofrecido pola asociación, no que poderá charlar coa empresaria.
As inscricións, gratuítas, serán preferentes para os asociados, cun aforamento máximo de 40 persoas.
Relacionadas:
-
Coosy paralizou a moda e confecciona batas e máscaras que envían onde lles solicitan
Por Alejandro Espiño & Marisa Ciordia |
-
Amigos de Pontevedra celebra o seu encontro con motivo das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara. Virginia Pozo, unha empresaria da moda entre os Amigos de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |