Rafa Domínguez esixe ao BNG que "se deje de excusas" e implante o transporte urbano
Por Alejandro Espiño
Para o Partido Popular resulta "incomprensible" que unha cidade como Pontevedra siga sen transporte público. Non só porque incumpra lei senón porque, a pesar do seu modelo de mobilidade, non ofrece "alternativas" para reducir o uso do vehículo privado.
Por iso, Rafa Domínguez esixiu ao goberno municipal que "se deje de excusas" e poña en marcha un transporte urbano que, especialmente, unha a cidade coas súas parroquias, e colabore coa Xunta no desenvolvemento dun transporte metropolitano que conecte cos municipios próximos a un prezo "competitivo".
O portavoz popular, fronte ás críticas do BNG á suposta deslealdade institucional da Xunta co Concello, asegurou que o "desleal" é o goberno municipal cos veciños que levan "privados" vinte anos de bus urbano ou co executivo autonómico por non asistir ás reunións que convoca.
"El BNG lleva 20 años gobernando en Pontevedra y no han hecho ni una sola medida a favor del transporte público", explicou Domínguez, que lamentou que a cidade dedique só 85.000 euros para promocionar este medio de transporte, fronte aos 2.2 millóns de Lugo, os 5 millóns de Santiago ou os 6.9 millóns de Ourense.
O presidente dos populares tamén quixo lembrar que o goberno local, coa súa renuncia ao bus metropolitano, está a privar aos pontevedreses de transbordos gratuítos, descontos en autobús de ata o 70%, bonificacións para usuarios recorrentes e familias numerosas e gratuidade para os menores de 19 anos.
Relacionadas:
-
Mosquera anuncia un plan de transporte urbano "pioneiro e modélico" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PP lamenta a "parálisis total" do Concello co transporte público
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra buscará "alternativas" para o bus urbano pero non aceptará "ameazas" da Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Lores chamará por teléfono a Núñez Feijóo para falar do transporte público
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta descontará o custo do transporte urbano ao Concello se este non asume este servizo voluntariamente
Por Oskar Viéitez |