Carmela Silva propón que as administracións impulsen estratexias de promoción turística conxuntas
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, instou ao Clúster de Turismo de Galicia a organizar en xaneiro unha reunión coas catro deputacións galegas e a Xunta para sumar sinerxías e impulsar estratexias de promoción turística conxuntas.
Carmela Silva fixo esta proposta ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, no acto de inauguraron da xornada "El reto de la internacionalización para el sector turístico" impulsado por ambos organismos e que reuniu este mércores no Pazo provincial da Deputación a profesionais do sector turístico de Galicia.
Durante o acto, Silva enxalzou a importancia da colaboración público-privada e advertiu que "non tomarse en serio o sector turístico é unha irresponsabilidade e non traballar da man do sector privado é outra".
A presidenta provincial animou ao Clúster de Turismo a impulsar esa reunión para conseguir que Galicia xere maior crecemento económico e garantir un turismo sustentable, desestacionalizado e internacionalizado.
Silva amosou o seu desexo de que a reunión sexa a principios de xaneiro, "para sentar as bases da promoción do 2019" e ir a aqueles destinos internacionais que teñan máis potencia para atraer visitantes.
Amais, Carmela Silva adiantou que a Deputación irá da man do Clúster de Turismo en todo o que ten que ver coa promoción turística da provincia, así coma no deseño de estratexias a nivel nacional e internacional.
Pola súa banda o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, asegurou ser consciente de la importancia de poner a disposición del sector turístico gallego información y ejemplos de éxito en la internacionalización y el uso de las nuevas tecnologías en estos nuevos modelos de negocio.
PORTUGAL
No marco desta xornada a conselleira de Turismo en Lisboa (OET), Natalia Briales, sinalou que Galicia é o principal destino español do mercado portugués, xa que supón o 36,7% de turistas internacionais que recibe cun incremento en 2018 do 35,6%, segundo os datos que expuxo na súa participación na xornada.
Briales destacou que, ademais, que nestes últimos anos creceu exponencialmente o número de portugueses que viaxan ao estranxeiro e, aínda que creceu especialmente na tempada baixa, a responsable da OET de Lisboa insistiu en que o viaxeiro portugués non elixe Galicia no inverno, polo que é necesario ofrecer propostas atractivas en tempada baixa, apuntando tamén a necesidade de mellorar as conexións entre ambos os países, que, segundo dixo, seguen sendo deficientes especialmente desde Lisboa cara abaixo.
A xornada tamén incluíu a experiencia do conselleiro de Turismo da OET de Berlín, Arturo Ortiz, e o exemplo de casos de éxito de estratexias de internacionalización para pemes turísticas a cargo de José Lomichar, director xeral de NEXT e Roberto Fraga, CEO de Pilgrim Travel, que trasladaron aos participantes os factores que deben ter en conta nas estratexias de internacionalización, xestionando ben os recursos para abrir novas vías de negocio.
Relacionadas:
-
Conceden 130.000 euros en axudas para promover actividades turísticas en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Deputación presenta o novo modelo de oficinas de turismo "Info Rías Baixas"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
As asociacións de Amigos do Camiño estudan co conselleiro de Cultura os obxectivos de cara o Xacobeo 21
Por Redacción |
-
A provincia de Pontevedra rexistrou un 64% de ocupación hostaleira media na ponte da Constitución
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |