Avanza a tramitación da segunda fase da mellora da estrada PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia saca este xoves a exposición pública do proxecto da segunda fase de mellora da estrada PO-235, entre as parroquias de Antas e Seixido.
Nesta obra investiranse 1,5 millóns de euros, que permitirán mellorar seis quilómetros da vía entre estes dous lugares da Lama. Outro quilómetro xa foi reformado nunha primeira fase, que contou cun investimento de 450.000 euros.
Nesta segunda fase, entre os quilómetros 12 e 18, executarase o ensanche da estrada pasando a plataforma dos 5 metros actuais aos 6,5 e rectificándose varias curvas. A obra está moi condicionada pola orografía e polo feito de que a estrada bordea a Serra do Cando.
As obras da primeira fase permitiron actuar ao longo de case un quilómetro, ampliando a estrada ata acadar un ancho de oito metros e mellorando as curvas, co fin de mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación.
Por outra banda, tamén se acondicionou a estrada desde a saída do pontón do punto quilométrico 17+300 ata o final da vía, no núcleo de Seixido.
Neste punto ampliouse a sección transversal e estendeuse no firme unha nova capa de rodaxe, procedéndose a repoñer a rede de saneamento no núcleo de Seixido, que se veu afectada pola obra, e a disposición de sinalización horizontal, vertical e de balizamento e defensas.
En relación a mellora desta estrada, a Xunta agradeceu as xestións levadas a cabo polo alcalde da localidade que permitiron a cesión gratuíta da maioría dos terreos necesarios para a ampliación da vía.
Relacionadas:
-
Comeza a fase das expropiacións para a segunda fase da mellora da estrada na Lama entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Luz verde ás expropiacións para executar as obras da PO-235 entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
1,5 millóns de euros irán destinados á segunda fase de mellora da estrada de Seixido, na Lama
Por Redacción |
-
O PP na Lama, molesto coa Xunta pola ausencia de novos investimentos na estrada de Seixido
Por Redacción |
-
Visita oficial ás obras de mellora da estrada PO-235 na Lama
Por Redacción |
-
Comeza a instalación de tubaxes no novo sistema de sumidoiros entre Antas e Seixido
Por Redacción |