O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco-Dios encontra unha nova especie de cogomelo con olor a allo
Por Redacción
O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco-Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois, descubriu unha nova especie dentro do amplo panorama de cogomelos que se atopan en Galicia.
No transcurso dunha actividade promovida por Terras de Pontevedra na que se combinaba o coñecemento micolóxico coa fotografía, o investigador atopou esta nova especie á que denominou 'Entoloma vilaboense', un nome que se dedica ao termo municipal de Vilaboa.
A súa aparición foi sobre unhas pedras e atopábase asociado a brións e liques, no espazo de gran riqueza natural nas Salinas de Ulló.
Segundo explica Blanco-Dios trátase dunha especie que presenta un sabor moi intenso e un olor a allo. Ademais, o cheiro é moi penetrante e pertence en calquera obxecto que estivese en contacto con estes cogomelos.
Presenta ademais unhas características microscópicas singulares, o que a converte nunha especie única no seu xénero. Nos próximos meses, o achado será publicado nunha revista internacional especializada en micoloxía dando carácter oficial a esta especie.
Relacionadas:
-
Temen que o trazado da A-57 provoque a desaparición dun fungo novo para a ciencia, atopado en Bora
Por Redacción |
-
A Asociación Micolóxica Brincabois imparte charlas sobre como identificar os cogomelos
Por Redacción |
-
Atopan unha nova variedade do fungo Enoki no monte de San Cibrán
Por Redacción |
-
Vaipolorío cataloga a riqueza micolóxica do río Gafos
Por Redacción |
-
A buscar cogomelos polos montes de Lourizán
Por Redacción |
-
Arte e ciencia xúntanse na entrega dos Cidade de Pontevedra a Jaime Dios e ao Cine Club
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |