Sanxenxo destina 210.000 euros á mellora de seis camiños en Vilalonga e Noalla
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo destinará 210.700 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra á pavimentación e a dotación de abastecemento de auga en 6 viarios das parroquias de Vilalonga e Noalla.
En Noalla será asfaltado un viario en Pontes e outro en Tombelo e en Vilalonga, un en Freixo e outro Piñeiros. Estes catro viarios presentan un estado de deterioración considerable, debido ao tránsito que soportan e á súa antigüidade. É por iso que se acometerá unha actuación de pavimentado do firme, instalando á súa vez o servizo de abastecemento de auga en Tombelo.
O orzamento para a súa execución ascende a 79.000 euros e resúmense principalmente na apertura e recheo de gabias, roza e limpeza de cunetas e marxes, a dotación da capa de zahorra e a mestura bituminosa en quente. Por último, poñeranse en cota as tapas das pozas de rexistro e instalarase a sinalización necesaria. Previa á aprobación do proxecto, foi necesario obter autorizacións sectoriais da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente e do Instituto de Estudos do Territorio.
Esta actuación estará incluída nun grupo de proxectos de servizos básicos que se redactaron para mellorar o día a día dos veciños de Sanxenxo. Neste grupo tamén estará o abastecemento en Outeiro-Ricardo Santos-Quintáns, saneamento en Canelas, subministración de dúas bombas de augas residuais en Noalla e Vilalonga e a prolongación na rede de abastecemento de auga en Nantes e Padriñán.
O goberno local tamén licitou a renovación do firme nos camiños de As Salinas e de Costiña a Fonte de Ons cun orzamento de 131.700 euros. Estes viarios teñen o seu pavimento moi deteriorado, debido á súa antigüidade e ao tránsito diario que soportan.
Unha vez termine o proceso de licitación, este proxecto ten un prazo de execución das obras de dous meses. E para poder executalas foi preciso solicitar autorizacións sectoriais á Axencia Galega de Infraestruturas, á Consellería de Medio Ambiente, ao Servizo Provincial de Costras, ao Servizo de urbanismo desta mesma Consellería, ao Instituto de Estudos do Territorio e a Augas de Galicia.
Relacionadas:
-
Sanxenxo instalará saneamento de augas residuais en Canelas
Por Redacción |
-
Sanxenxo licita obras de abastecemento de auga en Vilalonga, Padriñán e Noalla
Por Redacción |
-
Reparan as fochancas e roturas que se apropiaran do camiño de Barbeito
Por Redacción |
-
Sete empresas presentan as súas ofertas para a construción do edificio cultural O Revel
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo atrasa o inicio das obras da rúa Progreso
Por Redacción |
-
A xustiza dá a razón á Deputación na demanda de Sanxenxo por unha subvención
Por Oskar Viéitez |