VÍDEO.- Así foi o rescate do mozo e do seu can cando eran arrastrados polo mar en Vilaboa
Por Redacción
Gardacostas Galicia publicou en redes sociais o vídeo do rescate efectuado por Pesca 1 do mozo que se lanzaba a auga este 25 de decembro para salvar o seu can cando se atopaban nas Salinas do Ulló, en Vilaboa.
O mozo no intento de rescatar ao can viuse arrastrado polo mar e puido refuxiarse nun illote, pero a subida da marea provocou que fora necesaria a intervención de efectivos de Salvamento Marítimo.
Tanto o home como a súa mascota foron evacuados polo helicóptero de emerxencias e trasladados ata as instalacións portuarias en bo estado de saúde.