O PP provincial prepárase de cara a vindeira cita coas urnas
Por Redacción
Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular de Pontevedra presentaba este xoves ante a Xunta Directiva Provincial un balance positivo do traballo que a agrupación levou a cabo durante 2018.
A este encontro asistiron tamén os conselleiros Ethel Vázquez, Román Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña, ademais de alcaldes, presidentes locais do partido e candidatos ás alcaldías dos municipios da provincia.
Rueda na súa intervención destacaba o traballo realizado para renovar as estruturas do partido e o traballo desenvolto para reforzar o modelo de organización dos populares para as próximas eleccións municipais previstas para o 26 de maio de 2019.
O presidente provincial do PP trasladou aos asistentes a necesidade de manter a ilusión para afrontar os novos retos que se centran en revalidar a posición maioritaria nas corporacións locais. Alfonso Rueda sinalou que este último ano centráronse en captar as distintas sensibilidades e demandas da cidadanía e agora o reto é ofrecer respostas aos problemas concretos que se lles han plantleado. O vicepresidente @de la Xunta de Galicia apuntou que as alianzas dos "perdedores" só condenaron os concellos á parálise e a "politícas de ocorrencia", ademais de ofrecer un "populismo barato".
Sinalou que o principal obxectivo é que o PP sexa a formación política máis votada en todos os concellos que conforman a provincia para recuperar o goberno da Deputación de Pontevedra e lograr maiorías de goberno en concellos emblemáticos.
Relacionadas:
-
Rueda, sobre o seu futuro: "Seguirei como vicepresidente da Xunta mentres teña a confianza de Feijóo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP loitará pola Alcaldía de Caldas de Reis con Fernando Pérez como candidato
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez vaticina a "remontada" do PP fronte a un Lores "agotado"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ricardo Martínez e Alberto Acuña, candidatos do PP en Vilaboa e Portas
Por Redacción |