Difusión Felina recolleu 221 gatos abandonados na rúa durante 2018
Por Redacción
Non foi un ano fácil para Difusión Felina. A asociación animalista viuse francamente desbordada polo gran número de gatos que recolleron da rúa e, por lado, pola escasa colaboración que recibiron das administracións, principalmente do Concello.
En total, a asociación recolleu 221 gatos durante 2018. Deles, 169 foron adoptados ou están en trámites de adopción, mentres que tres foron devoltos aos seus donos, seis regresaron ás súas colonias de orixe e 43, lamentablemente, acabaron falecendo.
Difusión Felina asegura que este ano foi no que máis aumentaron os abandonos, sobre todo os de gatos recentemente nados e cachorros. Durante o verán, explican, recibiron avisos case a diario, o que lles obrigou a deixar de recollelos.
Ademais, tamén lamentan advirten do perigo que correron as diferentes colonias de gatos repartidas pola cidade, tendo mesmo que recolocar aos animais noutros puntos.
De cara o futuro, o colectivo espera que o Concello impulse campañas de concienciación para que os cidadáns non vexa aos gatos da rúa como unha ameaza ou para que saiban que o abandono e os malos tratos está penado por lei.
Relacionadas:
-
Difusión Felina xa recolleu máis de 50 gatos en Pontevedra neste 2019
Por Redacción |
-
Difusión Felina denuncia a execución a balazos de gatos en Salcedo
Por Redacción |
-
Difusión Felina pecha a entrada de novos gatos
Por Oskar Viéitez |
-
Lanzan catro gatiños polo portelo dun coche en Lourido
Por Oskar Viéitez |