Tres novas rúas de Tafisa e o parque ante a Xunta de Campolongo bautizaranse con nome de muller
Por Natalia Puga
A profesora universitaria Ernestina Otero, a escritora e precursora do feminismo María Vinyals, a menciñeira Vasquida García -xulgada por bruxería-; e a taxista Dolores Trabado darán nome a tres novas rúas da zona de Tafisa e o parque situado ante o edificio da Xunta de Galicia en Campolongo.
A proposta de bautizar estes catro novos espazos públicos con nome de muller debateuse este xoves na comisión municipal de Cultura e tan só está pendente da súa aprobación no próximo Pleno da Corporación municipal. Os grupos de PSOE, Cidadáns e BNG xa anunciaron o seu voto a favor mentres que o PP e Marea Pontevedra abstivéronse na votación na comisión e non revelaron o signo do seu voto na sesión plenaria.
A concelleira de Cultura, Carmen Fouces, destacou que, "en principio, está ben enfocado o tema" e que se prevé que se oficialice o próximo mes de marzo, unha época do ano de "importante actividade feminista" coa conmemoración do Día da Muller Traballadora e na que xa hai convocada unha nova folga feminista o día 8.
Fouces, ademais, destacou que con estes novos nomes está a consolidarse que as mulleres toman o espazo público, que historicamente tiñan vetado. De feito, ata hai tres anos en Pontevedra tan só un de cada dez espazos públicos tiña nome de muller e agora empezan a proliferar estes bautizos feministas, dos que xa hai exemplos previos en avenidas como Josefina Arruti ou María Vitoria Moreno.
A nova rúa Ernestino Otero será a situada na parte superior da urbanización de Tafisa, entre a rotonda de José Malvar e a rúa que se abrirá para comunicar con Os Campos e Monte Porreiro. Esa será a rúa na que se situará no seu día o futuro Edificio das Artes da Universidade de Vigo, de modo que Ernestina Otero terá a súa merecida homenaxe nunha zona moi vinculada ao mundo universitario no que ela destacou.
En Tafisa tamén darán nome a outras tres novas rúas Dolores Trabado, unha das primeiras mulleres taxistas en España, e Vasquida García, " epresariada por ser muller nos séculos escuros" e símbolo, segundo Fouces, do "exterminio do coñecemento depositado nas mulleres". A primeira dará nome a unha rúa pequena que circunda a urbanización de Tafisa, transversal que comunica coa avenida Bos Aires. A segunda servirá para bautizar un pequeno viario peonil por encima de Bos Aires que dá á parte interior de Tafisa.
A escritora María Vinyals, marquesa de Ayerbe e nada no castelo de Soutomaior, dará nome ao parque situado ante o edificio administrativo da Xunta en Campolongo, como unha homenaxe a unha muller que traballou "a contracorrente non seu día".
Relacionadas:
-
Vasquida García, Dolores Trabado e Ernestina Otero ocuparán o seu lugar no espazo público de Tafisa
Por Redacción |
-
O xulgado saca a poxa tres solares en Tafisa para reclamar 21 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O rueiro de Pontevedra será, a partir de agora, "un pouco máis feminista"
Por Alejandro Espiño |
-
O castelo de Soutomaior invita a descubrir como vestían as mulleres burguesas de finais do século XIX
Por Redacción |
-
Pontevedra homenaxea no Principal á escola represaliada polo franquismo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Dous roteiros guiados recuperan a memoria das mulleres da Boa Vila
Por Redacción |
-
A igualdade desde un punto de vista profesional centrará unha xornada no Castelo de Soutomaior
Por Redacción |
-
A avenida María Victoria Moreno, un "faro de luz" para que Pontevedra a recorde "para sempre"
-
Unha exposición porá en primeiro plano a historia das mulleres de Pontevedra
Por Natalia Puga |