Pequenos artistas artesanais, grandes emprendedores
Colares, carteiras, marcapáxinas e moitos máis produtos feitos de forma artesanal. ÿ o que puxeron á venda este xoves dúas cooperativas, Ponquincalla e Galontendiña, nun mercadiño instalado na Praza de Ourense. Pero coa particularidade de que os seus membros, e os que fabricaron todos os seus productos, son alumnos de Príncipe Felipe e do CEIP Praza de Barcelos. Forman parte do proxecto educativo Emprender na miña escola EME-Cooperanova.
Os nenos e nenas presidentes das cooperativas recibiron o permiso de venda da man das autoridades, e convidaron aos viandantes a adquirir os seus produtos.
O proxecto dirixido ó alumnado de Educación Primaria consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar, co obxectivo de adquirir hábitos e comportamentos emprendedores, facilitar a súa integración social e desenvolver competencias en tódalas materias: comunicación lingüística, autonomía, iniciativa persoal, competencia cultural, artística, social ou dixital.
Durante toda a mañá, os participantes amosaron nos stands o resultado do curso 2012/2013, no que ademais da fabricación realizaron tarefas de etiquetado, envasado, organización e deseño do punto de venda así como política de prezos.