Rafa Domínguez: "Nadie en sus cabales" pactaría con VOX a costa da violencia machista
Por Alejandro Espiño
Os ecos das negociacións para a formación dun goberno PP-Cidadáns en Andalucía chegaron a Pontevedra. Fixérono tras asegurar a formación ultradereitista VOX que non apoiará este executivo se non derroga a lei de violencia de xénero andaluza.
O portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, foi moi contundente sobre estas esixencias do partido de Santiago Abascal. Asegurou que "ni yo ni nadie en sus cabales" pactaría con VOX á conta das políticas contra a violencia machista.
No PP, segundo Domínguez, "no podemos dar ni un paso atrás" ante unha problemática ante a que é "absolutamente fundamental" contar con instrumentos legais para combatela.
O líder dos populares lembrou que 2019 comezou cun novo asasinato machista en Laredo (Cantabria), un feito que demostra que VOX debe "replantearse" esa medida "y lo que quiere hacer".
Ademais, engadiu que nesta mesma situación, na que un partido lle esixa reducir as medidas para facer fronte á violencia machista, "yo no podría pactar jamás con ellos". Esa é, engadiu, unha "línea roja" no só do PP senón "de toda la sociedad".
Relacionadas:
-
O movemento feminista de Pontevedra concéntrase contra Vox: "Nin un paso atrás en igualdade e diversidade"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva considera "terrible" que candidatas do PP estean dispostas a pactar con Vox
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sete denuncias por violencia de xénero en Pontevedra en tan só 10 días de 2019
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Luis Bará, deputado do BNG: "O PP e Vox son a mesma cousa"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pepe Solla, insultado en Internet por posicionarse contra a violencia machista e VOX
Por Alejandro Espiño |
-
Insultan nas redes sociais a Rafa Domínguez pola súa defensa das leis contra a violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |