Cerdedo-Cotobade prepárase para o paso dos Reis Magos
Por Redacción
A deste sábado 5 de xaneiro será unha xornada de ilusión para os nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade, que terán varias ocasións de coñecer aos Reis Magos.
A axenda das súas Maxestades de Oriente no municipio será atarefada, comezando ás 10:30 horas cunha visita á Casa do Pobo de Santa María de Sacos.
Despois a comitiva real dirixirase a San Xurxo de Sacos (10:45 horas), o Mercado de Cuspedriños (10:50), Casa do Pobo de Viascón (11:00), Casa do Pobo de Tenorio (11:15), Casa Escola de Almofrei (11:30), Casa Escola de Borela (11:45), Casa Escola de Rebordelo (12:00), Multiusos de Carballedo (12:15), Casa do Pobo de Corredoira (12:45), Casa Escola de Caroi (13:00), Casa do Pobo de Loureiro (13:15), Casa do Pobo de Valongo (13:30) e Casa Escola de Aguasantas (13:45 horas).
Ademais os Reis Magos chegarán pola tarde, ás 17:00 horas, á Praza do Concello de Cerdedo, onde terá lugar a tradicional recepción aos nenos e a ofrenda ao Neno Xesús. Posteriormente celebrarase un pasarrúas ata o colexio de Cerdedo onde se vivirá un espectáculo de animación musical e poderase degustar chocolate quente.