O primeiro Parque Forestal do Castrove contará cuns 30 quilómetros de sendas
Por Oskar Viéitez
As comunidades de montes da Rega dos Agros, Rega do Can e Arén, nas parroquias de Combarro e Samieira, da man do Concello de Poio, impulsan o primeiro Parque Forestal do Monte Castrove.
O proxecto conta cun financiamento de 320.000 euros repartidos en catro anualidades, dos cales o 70% achegaraos a Deputación de Pontevedra e o 30% restante o Concello.
Este parque forestal terá unha superficie total de 198 hectáreas.
Ao longo dos próximos anos substituiranse as especies invasoras por outras autóctonas e recuperaranse elementos patrimoniais como son as nove estaciones arqueolóxicas con petróglifos, así como os diversos miradoiros ou a área recreativa no monte Armada, xunto a campo de fútbol, onde está prevista a instalación dun asador.
Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Gregorio Agís, o primeiro Parque Forestal do Castrove contará cuns 30 quilómetros de carreiros repartidos en catro rutas de diferentes niveis, incluíndo un tramo da Variante Espiritual do Camiño a Santiago.
Relacionadas:
-
Oito municipios da área de Pontevedra reciben axudas para acondicionar parques forestais
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa o parque forestal de Antas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas deseña o seu primeiro parque forestal
Por Redacción |
-
Marín contrata a redacción do proxecto do parque forestal de Lagocheiras
Por Oskar Viéitez |
-
Última oportunidade para crear parques forestais nos montes da provincia
Por Redacción |