O goberno local de Marín, orgulloso co desenvolvemento das festas de Nadal
Por Redacción
O goberno local de Marín realizou unha avaliación das actividades desenvoltas durante as últimas semanas na vila mostrando a súa satisfacción e facendo un balance positivo de todos os actos.
Segundo o goberno de María Ramallo un dos principais atractivos foi o Tío Vivo instalados pola Asociación Estrela de Marín, que contou coa visita de Papá Noel, ademais da carpa ' Engado Marín' montada polo Concello na alameda Rosalía de Castro.
Tamén destacan, entre outras iniciativas, as carpas establecidas no parque Eguren polo Concello e pola asociación de artesáns Gallaecia. Sinalan ademais que a asociación de comerciantes de Seixo organizaron numerosas actividades durante o Nadal con éxito de público.
Desde o Concello agradecen aos diferentes colectivos que participaron organizando diferentes propostas e tamén aos que formaron parte da Cabalgata de Reis, para a que a Escola Naval de Marín cedeu tres coches para tirar das carrozas e enviou aos seus paxes reais para participar no desfile.
O goberno local conclúe sinalando que non se rexistraron incidencias e se fomentou a actividade comercial.