Os pontevedreses gastaremos 98 euros de media nas rebaixas
Por Redacción
A Federación Provincial de Comercio publicou a súa enquisa de intención de gasto por habitante nas rebaixas de inverno de 2019, na que sinalan que na capital gastaremos 98 euros de media nas rebaixas.
Na comarca de Pontevedra a media de gasto por persoa sitúase ao redor dos 64 euros, unha cifra que supón un lixeiro aumento respecto ao ano anterior.
A Federación de Comercio estima que na cidade de Pontevedra o gasto ascenderá a 8.061.185 euros.
Esta patronal apunta que o 30% do orzamento destinado nas rebaixas deste ano xa se gastou antes do Día de Reis.