Sete denuncias por violencia de xénero en Pontevedra en tan só 10 días de 2019

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Nos dez primeiros días deste ano 2019 xa se rexistraron en Galicia 21 denuncias por violencia de xénero, sete delas na provincia de Pontevedra, unha cifra que contribúe a reafirma a preocupación do Goberno por esta realidade social e que este xoves levou ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a defender a importancia de seguir mantendo a Lei de Violencia de Xénero e defendendo o seu labor.
Losada e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, compareceron para facer balance dos sete primeiros meses do Executivo de Predro Sánchez no que afecta á provincia e detívose a analizar a situación da violencia de xénero. "Estamos a falar de temas de importancia", insistiu, e achegou cifras que o confirman: no ano 2018 houbo 5.000 denuncias en Galicia, das cales 1.773 foron na provincia de Pontevedra.
Esa preocupación de Losada é, segundo indicou, maior "polo acordo que tomou onte o PP con Vox, polo acordo de darlle ás a Vox por parte do PP e Cidadáns", pois considera que se trata dun problema real e "calquera cousa que se poña en dúbida como o está poñendo o PP dándolle ás a Vox, débenos preocupar como sociedade".
Losada fai unha defensa férrea da actual lexislación porque "as leis son para salvar vidas e a lei de violencia de xénero salvou moitas vítimas" e engade que "non pode haber ningún tipo de relaxo" e, sobre todo, non pode haber ningún tipo de comportamento encamiñado a "trasladar dúbidas acerca de se a lei de violencia de xénero foi favorable". Na súa opinión, "foi moi moi favorable".
En resposta ás posturas de Vox en relación con esta lei, que piden que se derrogue, o delegado do Goberno defende que a violencia de xénero é unha realidade, "non é ningún invento do feminismo radical nin do feminismo supremacista" -termos cos que o partido que lidera Santiago Abascal refírense ao movemento feminista-.
"É unha problema de dereitos da muller, é un problema de democracia paritaria, é un problema de dereitos fundamentais", argumenta, e engade que a lei de violencia de xénero incide na defensa dos dereitos das mulleres e "o que non o entenda así está a lle facer fraco favor á metade da poboación española".
Relacionadas:
-
O custo da violencia de xénero na provincia: 470 millóns de euros ao ano
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Unha denuncia veciñal, clave para deter un home por agredir á súa parella e esnaquizar a vivenda que compartían
Por Natalia Puga |
-
Carmela Silva considera "terrible" que candidatas do PP estean dispostas a pactar con Vox
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Goberno saca peito de sete meses en Moncloa que lograron "imprimir unha marcha máis" á provincia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez: "Nadie en sus cabales" pactaría con VOX a costa da violencia machista
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno reparte os novos fondos para loitar contra a violencia de xénero aos concellos
Por Redacción |
-
Nas súas mans está un futuro de igualdade
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Sete adolescentes de Pontevedra están protexidas por ser vítimas de violencia machista
Por Alejandro Espiño |