Vaipolorío denuncia unha vertedura ao río Pintos
Por Oskar Viéitez
A asociación Vaipolorío denunciou este xoves unha vertedura no río Pintos, afluente dos Gafos, que atravesa a parroquia de Marcón.
Á primeira hora da mañá o leito do río estaba tinguido de cor branca.
O colectivo ecoloxista puxo os feitos en coñecemento do 112 de Galicia, que remitiu a denuncia ao servizo de control de calidade das augas da Consellería de Medio Ambiente.
Non é a primeira ocasión na que Vaipolorío denuncia esta circunstancia da que tiveron coñecemento tras a chamada de alerta duns viandantes que percibiron a coloración anómala do río ao seu paso pola Estación de Autobuses de Pontevedra.