Pontevedra acolle, por primeira vez, a LaconNetwork
Por Oskar Viéitez
Este venres os profesionais do sector tecnolóxico galego xuntaránse en Pontevedra para unha nova edición da LaconNetwork, un encontro gastronómico que busca animar ao desenvolvemento de sinerxías entre proxectos TIC a través do networking e que botará á andar ás 14:30 horas en Casa Román.
A LaconNetwork chega así á súa edición 39, confirmando a cúa consolidación dentro do calendario sectorial galego como unha cita mensual de referencia.
Desde esa primeira convocatoria ata hoxe producíronse polo menos un encontro cada mes, convocados de xeito informal e espontánea a través das redes sociais. A forma de concretar a hora e lugar foi a través da rede social twitter e en aberto. Acordando naquela primeira ocasión repetir cada último venres de mes, comer e comentar.
O mes seguinte, foron sete os proxectos que se sumaron, o a terceira 14 e así sucesivamente ata chegar á reunirse mais dun cento de emprendedores, con presenza de proxectos xa consolidados na comunidade así como de Autoridades e representantes públicos.
Non hai que formar parte de ningunha lista, nin pagar ningunha cota. Aqueles que se sintan aludidos e queiran ir á xuntanza poden inscribirse na páxina web do evento, aboando 19 euros para sufragar o xantar.