A reforma da rúa Rouco interesa a 23 empresas
Por Redacción
Un total de 23 empresas presentaron oferta para adxudicarse o contrato das obras de reforma de rúa Rouco, que ten un prezo de licitación de 227.000 euros. Terán que executarse, segundo consta no expediente, en catro meses.
Optan a este contrato ACEVI, BCNOR Gestión y soluciones avanzadas, Ceta Contratas, Civis Global, Construcciones Fechi, COVSA, EC Casas, Elsamex, Excavaciones H. Otero, Innova profesional desarrollos, Construcciones López y Leis, Narom, Nexia Infraestructuras, Oresa, Obras y saneamentos de Galicia, Prace, Sergonsa Servicios, Sestrama Ibérica, DESMACO, Obras, proyectos y actividades, Agro da Estrela, Barnacle Obras y Servicios e Excavaciones y transportes Ivanca.
As ofertas presentadas oscilan entre os 155.836 e os 218.025 euros.
A reforma consiste en ampliar os espazos destinados á mobilidade peonil, redistribuír os espazos no ámbito urbano comprendido nos arredores do colexio, eliminar barreiras arquitectónicas e renovar as redes de pluviais e de sumidoiros que se atopan ao límite da súa vida útil.
Coa reordenación da rúa, mantense unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. Esta beirarrúa terá un ancho de tres metros; e no lateral esquerdo (no do colexio) a beirarrúa increméntase ata os cinco metros.
A calzada será repavimentada e a beirarrúa crearase con lousa confinada entre bandas de granito. O proxecto tamén contempla mobiliario urbano como cinco papeleiras, sete bancos, dez aparcabicis ou incrementar a iluminación pública co número de farois existentes.