Un proxecto creado no Esdemga participará no Ego da Madrid Fashion Week
Por Redacción
A graduada na Escola de Deseño Téxtil e Moda (Esdemga) Melanie Freire presentaba na pasarela Debut 2017 no Pazo da Cultura a súa colección elaborada como homenaxe ao artista británico David Hockney, unha das iconas do pop art. Agora, este proxecto será presentado, de maneira ampliada, o vindeiro xoves 24 de xaneiro na pasarela Fashion Week Madrid.
O traballo desta titulada foi seleccionado para desfilar na plataforma Ego, un espazo para novos talentos. Como recolle Eduardo Muñiz no DUVI, Lola Dopico, a directora do Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda afirma que esta nova creadora é unha persoa cunha traxectoria moi sólida e con moito potencial.
Melania Freire creara esta colección como traballo fin de estudos e está baseada na visión que obtivo ao visitar a retrospectiva sobre o artista Hockney na Tate Britain de Londres.
Ademais desta creadora, outra titulada en Esdemga Shelia Pazos estará presente tamén na Fashion Week Madrid a súa nova colección Cadavre Exquis, na que xoga co tema do surrealismo e o absurdo. Shelia Pazos presentará o seu traballo no showroom que se desenvolverá entre o 24 e o 28 de xaneiro. Anteriormente, esta deseñadora tamén presentara na pasarela Ego a colección coa que gañara Debut 2015.
Relacionadas:
-
Vinte deseñadores exhibirán as súas coleccións de moda nunha nova edición de Debut
Por Manu Otero |
-
Melania Freire, un novo talento da Esdemga que triunfa na Fashion Week Madrid
Por Redacción |
-
Raquel Barbosa triunfa na pasarela Debut, un espectáculo de creatividade e cor
Por Redacción |
-
O alumnado de Esdemga prepárase para a pasarela 'Debut'
Por Redacción |