Mosquera defende en Madrid que os lombos son "demostracións de amor ás persoas"
Por Redacción
O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra e actual vicepresidente da Deputación, César Mosquera, participou este venres en Madrid no Fórum Europeo de Administradores da Educación para defender o modelo urbano implantado na cidade do Lérez.
Neste marco Mosquera definiu os pasos de peóns elevados ou 'lombos' instalados por todo o centro urbano e o rural como "demostracións de amor ás persoas".
Para o edil "Pontevedra non está chea de lombos; está chea de demostracións de que as persoas son o prioritario", explicou nunha mesa redonda que compartiu con técnicos municipais de Madrid, o catedrático de psicoloxía José Antonio Corraliza e o arquitecto do CEAPAT (un organismo estatal sobre accesibilidade) Carlos Rodríguez Mahou.
Na súa intervención César Mosquera falou da "experiencia práctica dunha cidade" e defendeu que o proceso "debe abranguer a toda a cidade, non só aos barrios centrais, históricos ou de máis presión turística".
Todo iso, segundo o concelleiro pontevedrés, baixo a máxima de sinalar o dereito ao espazo público como algo fundamental ao nivel doutros dereitos irrenunciables como a sanidade ou a educación.
Relacionadas:
-
A Deputación e o Cabildo de Fuerteventura intercambian as súas experiencias sobre mobilidade amable
Por Redacción |
-
Lores, a través da rede Cidades que Camiñan, reunirase con Pere Navarro, director de Tráfico
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación levará o seu modelo de mobilidade amable a Málaga e Fuerteventura
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra aproba unha normativa para "deixar claro" como deben ser os 'lombos'
Por Alejandro Espiño |