O PP de Ponte Caldelas presenta alegacións ao anteproxecto da Estación Termal
Por Redacción
O Partido Popular de Ponte Caldelas presentou no Rexistro Electrónico do Concello de Ponte Caldelas alegacións ao anteproxecto da Estación Termal proposta polo goberno local.
A formación encabeza por Antón Xil asegura que así defende os intereses dos veciños que aspiran "a recuperar un Balneario e non un chiringuito de praia e dúas charcas" nos terreos adquiridos pola administración local.
Xil avoga pola creación dunha comisión conxunta formada por todos os grupos con representación política na Corporación Municipal e aberta á participación cidadá co fin de perfilar o mellor modelo posible, ademais de tentar lograr a colaboración doutras institucións como a Deputación e a Xunta.
Os populares apostan "por un Balneario de verdade con toda unha serie de servizos e competencias idóneas para erixirse en auténtico punto de referencia" en lugar do que cualifican como unha estación termal lúdica "composta pouco máis que por unha cafetería, unha sala de masaxes, dúas charcas exteriores e un jacuzzi interior como expón o anteproxecto", acusou Antón Xil.
O principal grupo da oposición na corporación de Ponte Caldelas considera ademais que é necesario tentar sacar un "maior rendemento económico" a unhas instalacións que supuxeron un importante investimento ás arcas municipais.
Relacionadas:
-
Retiran vexetación invasora da leira do balneario
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas tilda de "pataleta infantil" as alegacións do PP ao proxecto do balneario
Por Redacción |
-
O expediente para a concesión da construción e explotación do balneario xa está a exposición pública
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas expón a documentación do futuro balneario
Por Redacción |
-
A futura estación termal de Ponte Caldelas terá tres piscinas, dúas delas ao aire libre
Por Redacción |