O empresario Francisco Barbeito e o Centro de Recursos Educativos da ONCE, premios Cidade de Pontevedra 2018
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O xurado elixiu por unanimidade ao empresario Francisco Barbeito Castro (na categoría de persoa física) e ao Centro de Recursos Educativos ( CRE) da ONCE (na de persoa xurídica) como Premios Cidade de Pontevedra 2018.
A presidenta do xurado e concelleira de Cultura, Carme Fouces felicitou aos galardoados e tamén aos integrantes das outras seis candidaturas "todas perfectamente defendibles".
Fouces celebrou que a excelencia abarca aos distintos campos de actividade e o traballo de moitas persoas que fan acotío cousas moi destacables o que fai que teñamos que estar "orgullosos da nosa cidade".
Francisco Barbeito Castro, fundador da empresa Cristalería Pontevedra SA (hoxe Pontevedresa Group), foi definido pola concelleira de Cultura como un "dos primeiros emprendedores de Pontevedra", que seis décadas despois da súa creación mantén a empresa en pé e "conseguindo ser un referente de traballo, de honestidade e de conexión permanente con Pontevedra".
Tamén destacou que foi capar de impulsar a súa firma a nivel internacional, "apostando polo traballo ben feito e a innovación pero sempre co pé, a cabeza, o corazón e a sede na Boa Vila".
Pola súa banda o Centro de Recursos Educativos ( CRE) da ONCE recibe o premio cando se cumpren 75 anos da súa implantación en Pontevedra onde segue desenvolvendo un labor social "fundamental". O xurado significou que a implicación do CRE na cidade do Lérez vai "máis aló do labor educativo-asistencial" como proba o desbloqueo do convenio que vai permitir a permeabilización da cidade por terreos da ONCE.
"Alá onde están ( Barbeito e a ONCE) falan de Pontevedra" subliñou Carme Fouces.
Os premios que levan o nome da cidade entregaranse nun Pleno extraordinario de honra que se desenvolverá no Teatro Principal o 21 de xaneiro, ao día seguinte de San Sebastián, que este ano cae en domingo.
A candidatura do veterano empresario Francisco Barbeito Castro, presentada por AJE, competía coas da enfermeira Carmen Abeledo Márquez, presentada polos Traballadores do Centro de Saúde da Parda e a de Manuel Barreiro Cabanelas, de Asociación veciñal de Laxedo da Lama.
Pola súa banda o CRE da ONCE, presentada pola Asociación Síndrome de Down "Xuntos", impúxose ás candidaturas das Mariscadoras de Lourizán, proposta pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) e a da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, da Asociación de comerciantes Galerías Oliva.
Relacionadas:
-
Falece aos 92 anos Francisco Barbeito, presidente e fundador de Cristalería Pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
Francisco Barbeito e o Centro Educativo da ONCE, orgullosos co seu Premio Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lacón para todos por San Sebastián
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- José Ángel Abraldes, director del CRE de la ONCE: "As novas tecnoloxías tamén adoecen de accesibilidade"
Por Marisa Ciordia |
-
Por San Sebastián, volve a laconada aos locais da zona monumental
Por Redacción |
-
As mariscadoras de Lourizán e a ONGD Solidaridad Internacional súmanse como candidatas aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Francisco Barbeito, Carmen Abeledo e o CRE da ONCE, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |