Un tramo da Rúa Progreso será cortado durante un mes
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou este mércores que, despois de estudar varias opcións, por motivos de seguridade decidiuse que un tramo da rúa permaneza cortado durante un mes.
A próxima semana comezarán os traballos na terceira fase da rúa Progreso e o tramo que vai desde a Rúa Sanxenxo ata o entroncamento coa Avenida de Madrid, permanecerá pechado.
Os traballos de reforma inclúen a instalación dun colector da rede no que verten as súas augas diversas ramais das tubaxes, polo que é necesario facer escavacións de ata tres metros de profundidade, o que fai incompatible o tránsito de vehículos pola zona, debido a que coas vibracións poderíase producir un derrube.
O tránsito que circule en sentido Sanxenxo-Pontevedra, terán que subir pola Rúa Sanxenxo e volver incorporarse á PO-308 na zona de Miraflores ou na zona de Nanín. E, aqueles vehículos que circulen en sentido contrario, é dicir Pontevedra-Sanxenxo, terán que facelo pola Avenida de Madrid e o Paseo de Silgar.
As paradas de autobús quedarán, unha á altura do hotel Terraza, onde xa está nestes momentos, e a outra na intersección entre Rúa Progreso e Avenida de Madrid.
APARCADOIROS DISUASORIOS
Habilitáronse aparcadoiros disuasorios con motivo das obras. Un destes aparcadoiros, é o situado detrás do Novo Templo de Sanxenxo, ao que ata agora soamente podíase acceder pola zona da Florida e que esta semana, a empresa adxudicataria da obra estase encargado de habilitar un novo acceso a este aparcadoiro pola Rúa Constitución, unha rúa que actualmente non ten saída.
Ademais, esta chaira estará conectada con outro aparcadoiro disuasorio situado na zona do Tombo, detrás da escola infantil municipal, por un viario que a propia empresa está a acondicionar tamén.
Aquelas persoas que dispoñan dunha praza de garaxe no tramo de avenida cortado, ademais destes aparcadoiros disuasorios terán á súa disposición o aparcadoiro de Nauta, de forma gratuíta.
O goberno local, é consciente de que as obras poden causar molestias a veciños, comerciantes e visitantes, pero ponse a total disposición, así como tamén o fan os técnicos municipais e os propios técnicos da empresa, para colaborar e solucionar calquera inconveniente que suceda. Ademais, calquera dúbida ou suxestión, poderá ser consultada no servizo de atención ao cidadán na planta 1 do Concello.
Relacionadas:
-
Corte de tráfico nun tramo da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
Acondicionan o acceso ao aparcadoiro disuasorio detrás do Novo Templo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo atrasa o inicio das obras da rúa Progreso
Por Redacción |
-
COVSA garante que non será necesario cortar os dous carrís na rúa Progreso
Por Redacción |