O carril bici percorre xa todo o campus
Por Redacción
Esta semana concluiron ás obras de ampliación do carril bici do campus, que deste xeito completa o seu percorrido polo interior do recinto universitario.
As obras acometidas pola Vicerreitoría súmanse ao treito realizado en 2016 e á senda peonil da Illa do Covo.
Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, o proxecto supuxo un investimento de preto de 50.000 euros por parte da institución académica.
Os traballos de execución desta obra prolongáronse por mor da climatoloxía e, a falta da recepción final da obra, completáronse nesta semana cos traballos de pintado.
Trátase dunha actuación contemplada no plan de acción do proxecto Green Campus, xa que implica promover unha actividade ambientalmente favorable. Os diferentes centros contan con aparcabicis nos accesos.
Agora tan só falta un transporte público urbano ata o campus, apuntaron dende a Vicerreitoría.