Reparan as fochancas e roturas que se apropiaran do camiño de Barbeito
Por Redacción
O camiño de Barbeito, un viario moi utilizado a diario en Sanxenxo, en especial para acceder ao colexio Abrente, está a ser obxecto de obras de mantemento e reparación para mellorar o servizo que dá a a cidadanía.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, debido ao uso e ao paso dos anos, atopábase moi deteriorado, con grandes fochancas e roturas no pavimento que formaban charcos e dificultaban o paso do tránsito rodado.
Para reparar esa situación, están a realizarse traballos valorados en 10.000 euros. Consisten na instalación dun sistema de recollida de pluviais, cos seus correspondentes sumidoiros, e na pavimentación do viario con aglomerado en quente.