O Concello de Ponte Caldelas tilda de "pataleta infantil" as alegacións do PP ao proxecto do balneario
Por Redacción
Rematado o prazo de exposición pública da documentación inicial para o procedemento de concesión do futuro centro termal de Ponte Caldelas, tan só o grupo municipal do PP presentou escrito de alegacións. Á vista de tal situación, e unha vez analizada a documentación presentada, desde o goberno local tripartito valoran o seu contido como unha "pataleta infantil".
Desde o goberno local non dubidan en cualificar as alegacións do PP como "ridículas", pois consideran que non se apoian en ningunha cuestión xurídico-administrativa e limítanse a opinións sobre o anteproxecto arquitectónico e o estudo de viabilidade expostos.
O Goberno local está satisfeito de que ningún dos organismos oficiais autonómicos aos que se enviou expresamente a documentación teña presentado obxeccións, algo co que indican que xa se contaba ao situarse o proxecto nunha parcela de solo urbanizable e que xa foi obxecto dunha licenza para o anterior proxecto auspiciado polo goberno municipal do PP..
O equipo municipal pide "cabeciña" ao grupo municipal do PP e invítao a reflexionar sobre os "graves erros do pasado" en relación con este proxecto, que comezaron co derrubo da edificación histórica do balneario e remataron coa quebra da empresa promotora no ano 2008.
"O legado do PP xa está alí para ir velo, un montón de cemento e unha charca putrefacta", valoran desde o goberno local, ao tempo que reiteran a súa aposta por un modelo termal distinto, que segue a liña de instalacións de éxito como as pozas de Outariz de Ourense.
O Concello de Ponte Caldelas resolverá formalmente as alegacións do Partido Popular no Pleno que celebrará o próximo día 31 de xaneiro, no que tamén aprobará inicialmente o Orzamento municipal para 2019.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz pide por terceira vez un encontro con Núñez Feijóo para desbloquear proxectos urbanísticos
Por Redacción |
-
Retiran vexetación invasora da leira do balneario
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas presenta alegacións ao anteproxecto da Estación Termal
Por Redacción |
-
O expediente para a concesión da construción e explotación do balneario xa está a exposición pública
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas expón a documentación do futuro balneario
Por Redacción |