Os Fabricantes de Pasta financiarán a investigación do Areeiro para combater unha praga do eucalipto
Por Oskar Viéitez
A Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) financiará a investigación desenvolvida polos Técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro para combater o "gorgojo do eucalipto", unha especie de coleóptero de menos dun centímetro de lonxitude que está ocasionando graves perdas económicas para este sector.
O convenio foi asinado este venres entre Carlos Reinoso, director xeral de Aspapel e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, institución da que depende a Estación do Areeiro.
O "Gonipterus scutellatus", coñecido como o "gorgojo do eucalipto", é un pequeno devorador de follas de eucalipto que está a causar perdas millonarias. Para combatelo estase acudindo á loita biolóxica e cando esta non é suficiente, con fumigaciones selectivas e controladas con insecticidas.
Para dimensionar a importancia deste problema Louzán apuntou que en Galicia, e incluíndo ao sector do moble, a industria forestal xera "máis de 20.000 postos de traballo directos".
Aspapel representa a máis de sesenta empresas de toda España cun volume de facturación do 4.500 millóns de euros ao ano.
Carlos Reinoso situou o acordo asinado hoxe coa Diputación como un exemplo de colaboración entre o sector público e privado.
Describindo á industria pasteira como "un sector fuerte en España tecnologícamente avanzado, intensivo en capital y que se está comportando extraordinariamente bien en la situación actual y es lógico porque la industria pastera es muy competitiva y está volcada en las exportaciones, más del 50% de la producción de celulosa y papel del Estado se está vendiendo fuera de nuestros mercados y por lo tanto es fundamental asegurar la competititvidad de nuestras empresas porque eso es riqueza y puestos de trabajo".
"Galicia neste sentido é a despensa forestal de Europa" polo que considera "vital" combater "con intelixencia" contra esta praga que afecta "al origen de nuestra industria".
Finalmente Reinoso recordou que en Galicia "hay 120.000 propietarios forestales que son los directamente afectados" polo que este sector ten "una obligación en colaborar y resolver los retos a los que nos enfrentamos".