Suspenden as clases no colexio Aurelio Rey de Cuntis por unha avaría que asolagou o centro
Por Redacción
O colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis non terá actividade lectiva este luns 21 de xaneiro. A xornada deberá dedicarse a reparar unha avaría rexistrada durante esta fin de semana no sistema de subministración de auga do centro que causou importantes danos e asolagou as instalacións.
Segundo informou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a decisión adoptouse de acordo entre o Concello e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación co fin de "garantir a seguridade do alumnado".
As clases quedan suspendidas, en principio, para a xornada deste luns. Desde o Concello destacan que están a traballar coa máxima celeridade a fin de restablecer canto antes a normalidade e que as clases poidan retomarse sen ningún problema.
Relacionadas:
-
A ampliacion do instituto de Caldas, pendente de que o Concello ceda os terreos a Educación
Por Redacción |
-
Esixen garantías de seguridade no colexio de Cuntis ante novos desprendementos do teito
Por Oskar Viéitez |
-
Os danos causados por unha fuga de auga no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis van repararse a partir do día 30
Por Redacción |
-
Reanúdanse as clases no CPI Aurelio Marcelino Rey tras resolver a avaría na rede de auga
Por Redacción |