Lacón para todos por San Sebastián
Por Redacción & Diego Torrado
A vella tradición de celebrar San Sebastián, patrón da cidade de Pontevedra, cunha laconada empeza a recuperarse aos poucos. Os pontevedreses volveron sumarse este domingo á iniciativa da asociación de comerciantes Centro Comercial Urbano CCU Zona Monumental de promover laconadas no centro histórico con motivo da festividade.
O seguimento da iniciativa foi este ano, na súa segunda edición, un pouco tímido, pero maior que en 2018, o que significa que se está empezando a asentar o costume, que recupera a vella tradición de celebrar San Sebastián, como antesala e preludio do Entroido, con ritos como tamborradas -concentración de tamborileros ou repicantes- e chorizadas que marcaban a que foi chamada 'primeira festa do ano'.
Un total de 19 establecementos hostaleiros de Pontevedra sumáronse durante esta fin de semana á 'Laconada de San Sebastián' ofrecendo no seu menú, petisco ou tapa o lacón con grelos. A iniciativa prolongouse durante as xornadas de sábado e domingo, aínda que foi nesta segunda xornada na que houbo maior seguimento.
Acompañando a laconada, houbo animación en rúas e prazas do centro histórico, pois a iniciativa de Zona Monumental tamén persegue dinamizar esta zona da cidade.
A festividade de San Sebastián celebrouse este domingo 20 de xaneiro, pero este luns tamén haberá festexos, pois se pasou a esta xornada a entrega dos premios Cidade de Pontevedra.
Ás 12.30 horas hai no Teatro Principal unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación para a concesión dos Premios Cidade de Pontevedra e ás 13.00 horas entregaranse ao empresario Francisco Barbeito Castro e ao Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE.
Relacionadas:
-
Dezaoito locais da zona vella participarán na Laconada de San Sebastián
Por Redacción |
-
Chega a primeira festa do ano: a lacoada de San Sebastián
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- José Ángel Abraldes, director del CRE de la ONCE: "As novas tecnoloxías tamén adoecen de accesibilidade"
Por Marisa Ciordia |
-
Por San Sebastián, volve a laconada aos locais da zona monumental
Por Redacción |
-
O empresario Francisco Barbeito e o centro da ONCE, premios Cidade de Pontevedra 2018
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O arrecendo do lacón con grelos inunda o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Os hostaleiros da Zona Monumental preparan unha laconada como antesala do Entroido
Por Oskar Viéitez |