A.M.A. sitúase á cabeza do ranking de aplicacións móbiles no sector das aseguradoras
A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitarios, encabeza o ranking de aplicacións móbiles (app) na XXV Edición do ranking de presenza online de Innovación Aseguradora que remata de facer públicos os seus resultados correspondentes ao segundo semestre do 2018.
A sondaxe sitúa a A.M.A. na primeira posición na área das aplicacións móbiles, o máis valorado xunto á venda online e as redes sociais, cunha excelente puntuación de 100 puntos, o que supón un recoñecemento á Mutua na súa firme aposta pola innovación constante co obxectivo de mellorar os seus produtos e coberturas.
O recoñecemento outorgado permíte que A.M.A. siga avanzando no referente ao contido móbil e a dixitalización dos servizos ofrecidos, que proporcionan unha meirande eficiencia e produtividade e, sobre todo, melloran a atención prestada aos mutualistas.
Coa app móbil de A.M.A. pódese realizar calquera xestión sobre as pólizas, desde modificar os datos ata dar un parte e realizar o seguimento do mesmo, á vez que permite coñecer as últimas novidades dos seguros e as súas coberturas e acceder a calquera información e servizo.
A app móbil é unha peza máis na aposta decidida pola innovación e a comunicación dixital, xunto co uso das redes sociais (Facebook, Twitter e LinkedIn), e a interacción online, destacando tamén a importancia do blog no que se informa os mutualistas das novidades e novas de interese.
A Mutua converteu as aplicacións para móbiles en parte diferencial da súa gama de seguros ofrecendo importantes avantaxes para os automobilistas, desde resolver as diferentes xestións de asistencia en estrada, como solicitar un guindastre, ata coñecer mediante a Baby Protect App cal é a cadeira de retención infantil idónea e o seu uso axeitado.
Estas prestacións e a fidelidade dos mutualistas son os responsables de que os seguros de autos de A.M.A. teñan sido considerados como os máis satisfactorios polos usuarios, tal e como se puxo de manifesto na macroenquisa independente que a Organización de consumidores e Usuarios (OCU) fixo pública en novembro de 2018.
Relacionadas:
-
A Fundación A.M.A. convoca os seus XVIII Premios Científicos
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. consolida a súa posición como líder do sector sanitario ao superar o millón de produtos contratados
Por Noticia patrocinada |
-
AMA América participa na instalación dun monumento a Santiago Apóstolo en Guayaquil
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A., elixida a Aseguradora de Responsabilidade Civil Profesional do Ano
Por Noticia patrocinada |
-
O seguro de autos de AMA, elixido de novo o mellor en satisfacción polos consumidores, segundo a OCU
Por Redacción |
-
AMA Vida, galardonada como a mellor aseguradora de servizos sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
Diego Murillo, premio 'Eugenio Espejo' en Ecuador
Por Redacción |