Licitan a reforma do Pazo de Quintáns para que se convirta en Museo do Patrimonio Cultural
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo, que lidera Telmo Martín, ten previsto licitar nas vindeiras horas a rehabilitación do Pazo de Quintáns para que se convirta nun museo de patrimonio cultural deste municipio.
O orzamento para levar a cabo a recuperación deste edificio ascende a 1.917.093 euros, dos que máis de 1.376.465 euros proceden da axuda que concede o Ministerio de Fomento. Esta colaboración era inicialmente de 903.000 euros e foi incrementado con dúas aportacións posteriores.
O museo previsto ofrecerá contido arqueolóxico, arquitectónico e botánico tanto da parroquia de Noalla como do resto do municipio. Desta forma, o goberno local contempla a instalación de material informativo sobre os castros de Dorrón e de Nantes.
O edificio contará con 1.214 metros cadrados rehabilitados, o hórreo e os edificios auxiliares. No inmoble principal vai instalarse unha tenda, oficinas e o recibidor principal. No andar superior van habilitarse cinco salas. Nun destes espazos contará cun mirador galería e terá tamén dúas salas de exposicións permanentes e outra de mostras temporais.
Ademais, está prevista a posta en marcha dunha sala de proxeccións. Pola súa parte, nos edificios auxiliares van instalarse as salas de arqueoloxía e o establecemento de restauración. No hórreo está prevista a creación dunha sala de material botánico.
O Pazo de Quintáns é un edificio que conta con miradores sobre a enseada da Lanzada e O Bao. Actualmente atópase deteriorado pola falta de atención durante décadas, malia a boa conservación do muro exterior. O xardín conta cun importante valor en especies naturais.
Relacionadas:
-
A rehabilitación do Pazo de Quintáns entra nunha nova fase
Por Redacción |
-
Comezan as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Propoñen unha UTE para rehabilitar o Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Piden abrir ao público os xardíns do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Os xardíns do Pazo de Quintáns, en plena limpeza
Por Redacción |
-
Sanxenxo dispone de 1,9 millones de euros para la rehabilitación del Pazo Quintáns
Por Redacción |