Marín controla as gaivotas e as pombas para evitar a superpoboación
Por Redacción
El Concello de Marín mantén operativo o servizo de control poboacional de aves, unha campaña que xa se leva desenvolvendo desde os últimos catro anos.
Segundo os datos que manexa o Concello, desde o mes de abril de 2018 capturáronse un total de 287 pombas en varios puntos da cidade como as rúas Forno, doutor Otero Ulloa ou República Arxentina. Actualmente o censo de pombas sitúase ao redor de 400 exemplares en todo o casco urbano.
Pola súa parte, o control poboacional da gaivota patiamarela, unha especie que causa numerosas molestias, tamén se mantén con retirada de niños en aqueles casos de habitantes que trasladen a súa petición a través dos serivzos municipais.
Ademais, o Concello adoptou outras medidas para evitar a presenza destas aves no centro urbano como a retirada de lixo do exterior do mercado. Os resultados desta acción foron positivos ao suprimir un importante punto ao que as gaivotas achegábanse na procura de alimento. O goberno local tamén trasladou información aos propietarios de edificios en mal estado no que se creaban pombais incontrolados para que se tomen as medidas necesarias para regular esta situación.
Desde o goberno de María Ramallo afirman que todas os métodos de control contan cos permisos de Medio Ambiente. O servizo de control da gaivota permanecerá activo ata o mes de agosto, cando remata a tempada de cría. A campaña de regulación das pombas rematará en abril.
Aquelas persoas que desexen que os seus tellados sexan inspeccionados deben poñerse en contacto coa empresa Larus Control a través do correo: laruscontrol@hotmail.com ou chamando aos números de teléfono 689 838 359, en horario de 10:00 a 19:00 horas.