Para o undécimo programa de Podcans, o educador canino Diego Álvarez fala dunha ferramenta que se pode empregar para traballar a obediencia e a referencia en positivo das mascotas e que ao seu criterio: ten máis beneficios que a voz.
Co uso dun clicker - e fronte ao uso da voz -, no primeiro caso non se produce contaminación pola voz ou polos xestos; non se introducen ordes ata o final do proceso, o cal permite traballar con márgentes de erro máis elevados e maior precisión.
O feito de usar comida para premiar as accións do premio permite maior concentración, pódese aplicar en rutinas diarias e tamén premiar accións afastadas. Aínda que non é unha ferramenta de uso xeneralizado, Diego Álvarez, sinala que a súa utilización é fácil, que implica ao can no traballo e mellora a relación entre o animal e o seu guía.
De igual forma, neste podcast de PontevedraViva Radio, tamén se lembran unha serie de precaucións a tomar en canto a condutas co clicker, os premios e o estado, tanto do guía como do can; ou as sesións para realizar.
A imaxe que ilustra o programa e esta información corresponde esta semana a 'Luke'. Trátase dun cruzamento de sabuxo, de oito meses, que require adopción. O can tivo unha rotura nunha pata e a pesar de recibir rehabilitación non houbo unha solución satisfactoria ao non ser posible a súa operación. Aínda que a pata afectada quedoulle encolleita, fai vida normal e mesmo corre. É un animal sociable con outros cans e con persoas. Está castrado e non é un can potencialmente perigoso.
As persoas interesadas poden chamar a SOS Pelines ao número de teléfono 636539779.