Barro adxudica a mellora da seguridade en viais municipais
Por Redacción
O goberno municipal de Barro acordou adxudicar o proxecto de "Mellora de Seguridade Viaria en distintos Viais do Concello" a Construcciones Vale SL, por ser a mellor das ofertas presentadas.
Este proxecto, que conta cun orzamento de 69.457 euros, finánciase con cargo ao Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos viarios municipais (Plan DepoRemse) da Deputación de Pontevedra, e ten como obxectivo desenvolver unha mobilidade que priorice a seguridade dos peóns en varias estradas do concello.
As actuacións deste proxecto vanse realizar en 10 zonas do concello, ademais de mellorar a seguridade no entorno do pavillón e a escola de Curro.