Licitan a rehabilitación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo sacou a licitación unha nova actuación na Casa Priorado de Arra, que permitirá convertela nun centro de uso e goce de todos os veciños.
Así cun orzamento de 185.000 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, van acondicionar na planta baixa un local de ensaios, dous locais para asociacións, un terceiro local a modo de almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre.
Na primeira planta farase unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un vestíbulo. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados.
Ademais, a edificación dispón dun patio interior ao aire libre, que poderá ser utilizado para a realización de actividades no exterior.
Con esta terceira fase, e as dúas anteriormente realizadas, súmase un investimento total na casa de 399.000 euros. Recentemente levouse a cabo unha actuación importante, que consistiu na restauración da cuberta e os muros de cerramento da edificación, na que se investiron 190.000 euros.
Ademais, instaláronse xanelas e portas cun orzamento aproximado de 24.000 euros.
Esta casa é unha edificación de carácter tradicional, actualmente sen uso, que no seu momento foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira.
Relacionadas:
-
Sanxenxo avanza na remodelación da Casa Priorado de Arra e licita a súa terceira fase
Por Redacción |
-
O Concello corrixe o erro e volve a licitar a terceira fase das obras do Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Un erro na medición obriga a volver sacar a licitación o proxecto do Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |
-
185.000 euros para rematar a rehabilitación do Priorado de Arra e convertelo nun centro sociocultural
Por Redacción |
-
O Priorado de Arra acollerá un albergue e incluirase na Ruta Sarmiento
Por Redacción |