O almirante retirado Luis Cayetano evocará a volta ao mundo de Elcano nunha conferencia
Por Redacción
Luis Cayetano, membro da Xunta Directiva da Asociación de Amigos de los Grandes Navegantes y Exploradores Españoles (AGNYEE) e Almirante retirado, presentará o proxecto "Tras la estela de Juan Sebastián Elcano" que, con motivo dos 500 anos da primeira volta ao mundo, impulsa a mencionada asociación.
Trátase dun proxecto de navegación de 44.000 millas náuticas que replicará a viaxe histórica de Magallanes e Elcano ao longo dos océanos Atlántico, Pacífico e Indico. Nesta ocasión, durante tres anos, entre 2019 y 2022, unha tripulación de voluntarios nun veleiro moderno completará la singradura e proxectará sobre os países do percorrido a vocación de amizade e colaboración de España, en coordinación coas institucións culturais, económicas e diplomáticas do noso país.
A charla, baixo o título "A vela tras la estela de Elcano, 2019-2022", terá lugar o mércoles 6 de febreiro ás 20:00 horas no Liceo Casino, na sede de Manuel Quiroga, 21, con entrada libre.