A Deputación defende a súa xestión do Museo: "Só buscamos protexelo e investir nel"
Por Alejandro Espiño
Trala denuncia por parte do Concello de Pontevedra de que o Patronato do Museo será disolto o próximo 31 de decembro, a resposta por parte da Deputación de Pontevedra non se fixo esperar. "Queremos ao Museo por encima de todo e só buscamos protexelo e investir nel", afirmou a deputada Ana Isabel Vázquez, da que Rafael Louzán destacou que "está facendo de maneira exemplar a xestión de transformación do Museo".
"Traballamos incansablemente para que o Museo sexa cada vez unha realidade máis aberta a toda a poboación", explicou Ana Isabel Vázquez, quen afirmou que o Museo de Pontevedra aposta por unha programación "de todo tipo" e con proxectos expositivos moi exitosos. Recordou que se investirán 600.000 euros no proxecto museográfico do Sarmiento e o sexto edificio, o que permitirá que a exposición permanente do Museo estea preparada antes de final de ano.
"As probas da nosa preocupación están nos feitos, na preocupación constante por protexer o que temos e aumentar as coleccións, as donacións o os depósitos, en definitiva a nosa oferta cultural", reiterou a deputada popular. Con respecto a César Mosquera, quen desvelou onte os plans da Deputación, Vázquez dixo que "se tanta preocupación ten, dámoslle a benvida a que colabore co Museo ou se achegue a visítalo, que ten as portas abertas nun horario bastante amplo".
Como exemplo desta boa xestión do Museo que defende a Deputación, Rafael Louzán apuntou que "sen ter nós un especial interese", a entidade recibiu en depósito 21 cadros do pintor galego Maside, "que decidiu que fora o Museo o que custodiase esas importantísimas obras de arte". ÿ a contestación "máis clara e contundente", dixo, ao labor da institución provincial nesta materia.
"Todos cren e confían no Museo. Non é que nos poidamos desprender de obras, senón que nos traen cada vez máis", afirmou Louzán, que acusou a "algúns dirixentes que andan por aí", de querer politizar o Museo. "Nós traballamos arreo para xestionar o mellor museo de Galicia e outros traballan para buscar un banderín de enganche para os seus intereses políticos".
Relacionadas:
-
O BNG devolve a Carlos Valle a máxima dirección do Museo
Por Oskar Viéitez |
-
Suprimen o padroado que xestionaba o Museo
Por Oskar Viéitez |
-
Lores e Louro únense contra a Deputación polo Museo: "ÿ un atentado contra a nosa cultura"
Por Alejandro Espiño |
-
O 31 de decembro, data de caducidade do Padroado do Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |