Esixen garantías de seguridade no colexio de Cuntis ante novos desprendementos do teito
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Educación decidiu suspender as clases este venres no colexio Aurelio Marcelino Rey, de Cuntis, para reparar o falso teito.
A unidade técnica da Xefatura Territorial de Educación tamén informou este xoves do desprendemento dun cascote do teito. O incidente non causou danos nin materiais nin persoais.
O alcalde Manuel Campos ordenou aos operarios municipais que revisaran o centro escolar para que se tomasen as medidas de seguridade necesarias.
Manuel Campos, en nome do goberno local, quere deixar moi claro que o Concello actuou en todo momento "con total celeridade" ante os feitos que se produciron no colexio e "nunca entrando en polémicas innecesarias" para resolver un incidente "no que non temos ningunha responsabilidade".
O claustro do profesorado e a Asociación de Nais e Pais "O Baño" volveron a esixir un informe técnico a Educación, no que se garanta a idoneidade das instalacións para acoller a actividade docente habitual.
Dende o goberno local aseguran estar a traballar para que se melloren as instalacións do centro educativo coa colaboración de todas as administracions implicadas.
Por outra banda, informan que o servizo de Cuntilín manterase o venres día 1 de febreiro en horario de tarde de 15.30 a 20.30 horas.
Relacionadas:
-
A ampliacion do instituto de Caldas, pendente de que o Concello ceda os terreos a Educación
Por Redacción |
-
Os danos causados por unha fuga de auga no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis van repararse a partir do día 30
Por Redacción |
-
Reanúdanse as clases no CPI Aurelio Marcelino Rey tras resolver a avaría na rede de auga
Por Redacción |
-
Suspenden as clases no colexio Aurelio Rey de Cuntis por unha avaría que asolagou o centro
Por Redacción |