Carmela Silva sitúa á Deputación de Pontevedra como "a referencia da loita pola Igualdade"

Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, insistiu en que a loita pola Igualdade é "unha das premisas" nas políticas que impulsa o Goberno provincial, asegurando que "sen dúbida somos a referencia da loita pola Igualdade do 52% da poboación".
En rolda de prensa Carmela Silva informou que a xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres dúas liñas de axudas ligadas á Igualdade.
"Seguimos espallando a Igualdade por toda a provincia de Pontevedra como non fai ningunha outra administración" valorou Carmela Silva.
En primeiro lugar, aprobáronse as bases reguladoras das subvencións públicas destinadas a concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da Igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. Ten un orzamento de 220.000 euros.
Carmela Silva lembrou que esta liña de subvencións creouse no ano 2016 "tras a chegada do novo goberno provincial xa que antes non había ningún tipo de axudas" para dotar de recursos aos concellos para implementar este tipo de medidas.
Trátase de axudas en concorrencia competitiva. Cada proxecto é valorado conforme a uns criterios fixados nas bases.
O pasado ano 2018 beneficiáronse destas axudas 45 concellos da provincia.
Por outra banda, tamén se aprobaron nesta xunta de goberno provincial as bases destinadas a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamiento, do mesmo xeito que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.
Neste caso, o orzamento é de 324.000 euros que permitirán que todos estes colectivos sociais poidan desenvolver actividades ligadas á promoción da Igualdade e a loita "contra as violencias machistas".
Articúlase mediante o programa "Conectadas" que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empleabilidad e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.
No ano 2018 participaron 306 colectivos de 57 concellos da provincia e asistiron ás accións formativas máis de 4.500 persoas.
Relacionadas:
-
Marzo será "un fervedoiro de actividade feminista" en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE conxúrase en Pontevedra para lograr unha revolución municipal, feminista e socialista nas eleccións de maio
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Carmela Silva fai un chamamento "aos demócratas" para "poñer límites xa á ultradereita fascista"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva critica que "mulleres que non cren na igualdade" como Ana Pastor e Andrea Levy se somen ás pancartas
Por Oskar Viéitez |