A Deputación impulsa o parque forestal de Antas
Por Redacción
O Concello da Lama recibiu unha subvención de 2.520 euros da Deputación de Pontevedra para a redacción do proxecto do parque forestal da comunidade de montes de Antas.
Pola súa banda, o Concello terá que asumir o 30% restante do custo da redacción do proxecto.
Esta subvención permitirá seguir avanzando no proxecto común de crear un amplo parque forestal nesta parroquia lamense que terá como nexo de unión a zona de As Ermidas e toda unha serie de espazos naturais próximos e que conforman unha importante reserva biolóxica do municipio.