A reforma do Gorgullón unirá a rúa coa futura praza da estación
Por Alejandro Espiño
A rúa Gorgullón está a cambiar completamente de aspecto. Non só ao longo de todo o viario, senón tamén nos seus extremos. O obxectivo é dignificar este espazo urbano, que se atopaba bastante degradado, e poñelo en valor como un dos tramos urbanos do Camiño Portugués a Santiago.
Unha das partes máis visibles desta transformación atópase no seu entroncamento coa Rúa da Estación. Alí, os operarios da empresa EC Casas están a elevar a cota da rúa para corrixir o notable desnivel que existía no terreo.
Estes traballos teñen como obxectivo que esta zona se una, nun futuro, coa nova praza peonil que se habilitará no actual aparcadoiro da estación de autobuses, unha vez que se execute a reforma das vetustas instalacións.
Ademais, tamén se mellorará o paso cara o paseo fluvial do Gafos, actualmente bastante irregular, creando unhas escaleiras e unha rampla de acceso e compactando todo o terreo.
O outro extremo do Gorgullón, o que conecta con Eduardo Pondal, tamén terá unha nova imaxe. Neste caso, o proxecto da obra prevé desprazar o actual paso de peóns que comunica coa rúa Virxe do Camiño.
A idea é crear un gran paso peonil que sirva como porta de entrada á recentemente renovada Virxe do Camiño. Para iso suprimirase o illote que separa os carrís de circulación.
Está previsto que a reforma do Gorgullón, que ten un orzamento superior aos 1.2 millóns de euros, estea terminada despois do verán.
Relacionadas:
-
Importante reorganización do tráfico no Gorgullón para reducir o tránsito de vehículos pola zona peonil
Por Natalia Puga |
-
Castañeiro, música e a retranca de Lores dan por inaugurada a reformada rúa Gorgullón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O asfaltado da rotonda de Uxío Novoneyra obriga a pechar martes e mércores Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Veciños do Gorgullón pedirán ao concelleiro Demetrio Gómez detalles sobre a reforma da praza fronte a Vialia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comeza a instalación do enlousado do Camiño de Santiago no Gorgullón
Por Redacción |
-
A nova praza en Virxe do Camiño recupera o cruceiro que antes se atopaba en Eduardo Pondal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comezan as obras para reformar por completo a Rúa do Gorgullón
Por Diego Espiño |