Os 104 anos cheos de vitalidade de Asunción Solís
Por Redacción
Unha das veciñas máis lonxevas de Pontevedra, Asunción Solís Ricoy, cumpriu esta fin de semana 104 anos. Con ese motivo, familiares e amigos acompañárona para celebrar esta efeméride cunha comida no seu domicilio do centro da cidade.
Antes de festexar o seu aniversario, Asunción Solís recibiu a visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que lle fixo entrega dun ramo de flores en nome da corporación.
A ocasión merecíao porque cumprir anos cando xa se pasou a centenaria barreira é todo un acontecemento que enche de felicidade aos seus protagonistas. E máis cando salvo achaques propios da idade, goza dunha boa saúde.
Asunción Solís é, segundo os datos do padrón municipal, unha das 37 persoas que teñen máis de 100 anos en Pontevedra. Outros 19 chegarán, se todo vai ben, a esa cifra en 2019.