Morre un policía nacional en accidente de moto en Ribadumia
Por Oskar Viéitez
Un axente da Policía Nacional, José Luis C.G., veciño de Cambados, faleceu ás tres da tarde deste luns nun accidente de circulación na rúa Albán en Ribadumia.
Segundo informou Protección civil de Ribadumia, este home perdeu o control da moto que pilotaba chocando contra un sinal de tráfico morrendo no acto.
A moto era unha Kawasaki de gran cilindrada.
O accidente tivo lugar na estrada que vai de Barrantes a O Freixo, nunha recta con boa visibilidad á altura de Besomaño.
Foi un particular o que avisou ao 112 do suceso, trasladándose ata o lugar o sinistro Urxencias Sanitarias, Protección Civil e Garda Civil.
O axente, duns 37 anos de idade, era veciño da localidade cambadesa de Castrelo e estaba destinado en Madrid.