Os bombeiros tardan hora e media en sufocar o incendio dunha vivenda abandonada en Estribela
Por Oskar Viéitez
Os bombeiros do Parque municipal de Pontevedra atenderon na madrugada do luns un incendio nunha vivenda abandonada en Estribela.
O lume afectou a unha casa de planta baixa e unha altura provocando que o tellado viñese abaixo.
Foi un particular, veciño da zona, quen alertou aos servizos de emerxencia do 112, sendo estes os que mobilizaron aos bombeiros de Pontevedra e á Policía Nacional. Ocorreu ás 3:16 horas desta madrugada e o incendio deuse por extinguido ás 4:50 horas.
A propietaria deste inmoble situado na rúa Montero Ríos, explicou que a vivenda estaba en ruína e carecía de fornezo eléctrico e asegurou descoñecer a causa que orixinou este lume.